Saturday 18 de May de 2024

Portos inicia a renovación da pavimentación do paseo das Carolinas


A actuación abrengue 5.000 metros cadrados de superficie

O ente autónomo Portos de Galicia iniciou unha obra de mellora consistente na renovación da pavimentación do paseo das Carolinas na cidade de Santa Uxía de Riveira.

A actuación, de 5.000 metros cadrados de superficie, esténdese dende a rotonda que comunica coa avenida da Coruña ata o desvío ao parque García Bayón. Operarios da empresa Construcciones Lópezs Cao atópanse nestes momentos procedendo ao fresado da calzada co obxecto de estender unha nova capa de aglomerado asfáltico.

Nova rotonda
Cómpre lembrar que neste mesmo paseo das Carolinas a empresa Acciona, adxudicataria da realización da nova lonxa, construíu a pasada semana unha nova rotonda que sirve para canalizar a circulación no acceso á nova infraestrutura portuaria.